En Vigo este XOVES, Mar Cendón e Emma Casal coa Universidade de Vigo organizan unha xornada de debate e reflexión sobre a situación das mulleres galegas no eido laboral no Salón de Graos da Facultade de Económicas de Vigo (Cuvi).
A xornada inagurase ás 18.30 h coa presentación do documental “Un mar de mulleres” do Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo.
A continuación terá lugar unha mesa redonda onde en primeiro lugar unha técnica de igualdade do ámbito laboral explicará o marco lexislativo laboral en materia de igualdade e conciliación e o resto de participantes contarán as súas experiencias persoais e estratexias en ámbitos tan diversos como a tecnoloxía, a investigación universitaria e o agro.
Como peche da xornada teremos a actuación “Extress” de Clara Gayo.
ACUDIDE!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario