O centro está enmarcado no Programa Xove para a saúde afectivo sexual dirixido a mozos e mozas e que xorde como tal no ano 1991 en Santiago de Compostela. Conta ca financiación do Ministerio de Sanidad y Política Social, dentro do Plan Nacional da sida e co cargo do I.R.P.F. destinado a "Otros Fines de Interés Social".
Está xestionado pola Federación de Planificación Familiar Estatal (FPFE) e conta ca colaboración da Asociación Galega para a Saúde Sexual (AGASEX).
Este centro ten como finalidade facilitar información e educación sexual precisa e revelante, baseada nas características específicas da xuventude e plantéxase como complemento da rede sociosanitaria existente en cada Comunidade Autónoma, neste caso Galicia.
O programa enmárcase nas recomendacións establecidas por diversos organismos internacionais, como a Organización Mundial de la Salud, a Federación Internacional de Planificación Familiar e Naciones Unidas, que destacan a importancia de intervir activamente na saúde sexual da xuventude a través de programas eficaces que contribúan a unha vivencia da sexualidade positiva e á promoción do benestar e do pracer na vivencia persoal desta, entendida moito máis amplamente que a mera reducción de riscos.
Servizos prestados: Asesoría sexual, anticoncepción de continuidade e de emerxencia, detección e asistencia en caso de abusos e agresións sexuais, asesoramento e derivación en demanda de interrupción voluntaria do embarazo, consello asistido sobre infeccións de transmisión sexual e VIH/Sida, proba rápida de detección do VIH, actividades educativas, atención ao embarazo adolescente en coordinación cos servizos especializados.
Todas as asesorías son gratuitas, confidenciais e anónimas. Para solicitar a proba rápida do VIH necesítase pedir cita no telf. 881916869.
HORARIO
Martes, Mércores e Xoves de 17:00 a 21 hrs.
Venres de 12:00 a 15:00 hrs.
* SÁBADOS E DOMINGOS SÓ ASESORÍAS TELEFÓNICAS (de 10:00 a 22:00 hrs) NA LIÑA SEXJOVEN: 608 10 23 13
No hay comentarios:
Publicar un comentario