O comportamento humano ofrece multiplicidade de visións.
Dende a socioloxía ou a psicología social téñense trazado centos de teorías en relación ós parámetros de comportamento humano aplicando conceptos estadísticos ou matemáticos para definir uns patróns de “normalidade” en moitas das esferas do comportamento. Particularmente no plano sexual.
Aquí é onde a ideoloxía ou a carga dos sistemas herdados antropolóxicamente cobra máis intensidade e empaña moitas das visións ou concepcións á hora de falar de nós mesmos como especie e dos nosos comportamentos.
Aparecen as visións normalizadoras, as concepcións afectadas transversalmente por aspectos como a relixión, a herdanza cultural ou o patriarcado ou a funcionalidade procreadora das prácticas sexuais. Aparecen os tabús, os preconceitos, a censura ou directamente a desautorización.
En contraste con todo isto está a liberdade sexual dos individuos, a construcción das identidades sexuais, o aspecto lúdico da sexualidade, o xogo, a imaxinación, a fantasía e a ruptura das barreiras mentais, propias e alleas, os novos modelos de comportamento, de organización ou de convivencia e a súa visibilidade.
Á hora entón de concebir unha proposta escénica que xire arredor da sexualidade creemos que estes son os aspectos que nos parece interesante resaltar, poñer de manifesto e colocar no epicentro da nosa producción creativa.
O obxectivo é utilizar a creatividade artística e a representación escénica como ferramenta para trasladar ao público en xeral unha visión multifocal da complexidade do comportamento humano en relación á sexualidade, atendendo á multiplicidade de comportamentos, conductas, opcións, desexos e prexuízos entorno a este tema.
Como canle faremos uso da intervención urbana, levando a acción directamente ó espectador, á rúa, rachando así a concepción do espacio escénico, os usos e costumes do feito escénico como elemento de consumo e trastocando a predisposición do paseante como espectador fortuíto.
Aparece a intervención urbana como un mecanismo moi axeitado para transmitir unha mensaxe producindo no espectador unha sensación de impacto, ó rachar por completo a súa espectativa e a súa rutina, e ofrecendo a creación artística e escénica dun xeito libre, gratuíto e espontáneo.
Escollendo os espazos e horario urbano para acadar repercursión e levando a escena unha proposta escénica multidisciplinar e de calidade que ó mesmo tempo teña un efecto de feed-back sobre a concepción das persoas sobre sí mesmas.
Datas : 3 representaciones de 60’ cada unha, en tres espazos urbanos diferentes en tres sesións diferentes.
Venres 30 de setembro:
Pola mañá (11:00 horas): Plaza de Pontevedra. Especialmente pensada para que asista o alumnado dos I.E.S.
Pola tarde (19:00 horas): Rúa Real á altura do Cine París
Sábado 1 de outubro:
Pola tarde (19:00 horas): Plaza de Lugo (zona pernil)
Atención: En caso de choiva avisarémosvos con tempo do lugar alternativo. (Organiza COF ORILLAMAR, A Coruña)
No hay comentarios:
Publicar un comentario