En relación á entrada en vigor o pasado Luns 5 de Xullo do 2010 da Ley de Salud Sexual y Reproductiva e Interrupción Voluntaria del Embarazo, dende a Asociación Galega para a Saúde Sexual (AGaSEX) queremos posicionarnos e mostrar o noso descontento e desacordo ante certos puntos desta lei e do seu actual xeito de aplicación:
-É certo que vemos como un avance nos dereitos da muller a asunción da súa capacidade de decidir libremente abortar en todo o estado español ata a semana 14 de xestación sin que exista penalización legal. Sen embargo, temos que incidir en que esta nova lei foi aprobada sen asegurar a realización da interrupción voluntaria do embarazo na rede da Sanidade Pública e sen regular a obxección de conciencia, minguando as posibilidades de prestación nos centros sanitarios públicos e sen garantir a equidade territorial, cuestión que fai que se dean situacións como na nosa Comunidade Autónoma, onde a Xunta se “nega” a informar (no sobre que está establecido por decreto do Goberno Estatal) de todas as posibles axudas ás mulleres que queiran interromper o seu embarazo, reforzando así unha filosofía antiabortista que públicamente foi manifestada á hora de prestar "apoio" ás embarazadas en termos que eluden mencionar a interrupción dos embarazos.
-É unha lei que intenta axustarse á realidade, pero non de todo. Estamos dacordo con que se queira garantir a seguridade profesional ante unha interrupción voluntaria do embarazo, pero a “calidade asistencial” (o dereito a que Sanidade Pública cubra os costes do aborto) é deficitaria. A muller poderá ir a abortar a un centro público e si “excepcionalmente” a intervención non se pode practicar, o centro derivará á muller a unha clínica privada de súa elección que lle notificará no prazo de 10 días que ten dereito ao abono da intervención.
-Tamén queremos remarcar que esta lei é unha Reforma da anterior lei aprobada no Estado Español hai 25 anos, e por iso é inadmisible que en vez de preservar e fomentar o dereito a decidir se lle poñan á muller ca actual lei aínda máis dificultades das xa existentes (como a información previa ao consentimiento e ao período de reflexión de tres días). A nova lei se aproba por un lado mantendo o aborto dentro do código penal e por outro lado sen garantir o acceso ao aborto ás mulleres que superan as 14 semanas de xestación, ademáis de seguir interferindo na autonomía e intimidade das mulleres de entre 16 e 18 anos.
-Ca aplicación desta nova lei o que se pretende é reducir a porcentaxe de número de abortos ca axuda dunha axeitada educación sexual, por iso queremos tamén denunciar que a día de hoxe e coa lei xa en marcha, aínda se descoñecen as futuras accións que se levarán a cabo para garantir unha Educación Afectivo Sexual de calidade baseada nun concepto positivo do feito sexual humano e da diversidade sexual, tampouco se especifica o como, cando, onde e por quen se articularán as devanditas intervencións na nosa sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario