Do 26 ao 30 de abril celebraranse, na facultade compostelana de Ciencias da Comunicación, as II Xornadas sobre Información e Xénero. Ao longo dunha semana, as xornadas reunirán a expertas na análise, dende as teorías feministas e de xénero, de distintas áreas do saber, dende a economía, a política e a cultura, até a saúde, as novas tecnoloxías, o medio ambiente ou a xustiza social. Analizarán as claves que ofrece a análise destas áreas dende a perspectiva de xénero co obxecto de poñer ao descuberto, así mesmo, as carencias dos medios, que a miúdo esquecen as circunstancias específicas que afectan ás mulleres na elaboración dos seus contidos
O prazo de inscrición permanecerá aberto até o 20 de abril. Será preciso remitir os datos persoais (nome e apelidos, DNI e ámbito no que se traballa ou se cursa) a anabelen.rama@rai.usc.es.
O pago da matrícula (40 euros) realizarase dende o 21 ao 26 e abril. As e os estudantes da Universidade de Santiago de Compostela poderán obter un crédito de libre configuración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario