martes, 6 de octubre de 2020

OBRADOIRO DE SEXUALIDADE CON MULLERES MIGRANTES DO PROGRAMA TERANGA


Hai uns días a nosa sexóloga Lorena Boquete tivo a sorte de compartir tempo e espazo cun grupo de mulleres migrantes espectacular. Realizamos un obradoiro de sexualidade feminina conxuntamente co Programa Teranga da Fundación Juan Soñador da Coruña. Foi unha experiencia moi enriquecedora, chea de aprendizaxes recíprocas e cun grupo super participativo.

Se formas parte dunha entidade da Coruña e tes interese por realizar algún tipo de obradoiro sobre sexualidade podes poñerte en contacto connosco, estaremos encantadxs de atendervos!



No hay comentarios: