jueves, 13 de diciembre de 2012

Xornada: “Enrédate pola defensa dos nosos corpos, das nosas vidas”



O próximo día 15 terá lugar a xornada "Enrédate pola defensa dos nosos corpos, das nosas vidas” organizado por Acsur Galiza. Va dirixida a persoas e colectivos vinculadas ao feminismo en Galiza, aínda que está aberto a todas as persoas que teñan interés en participar nun encontro onde os dous iexos van a ser dereitos reprodutivos e sexuais, e dereitos económicos. Os obxetivos desta xornada son favorecer o coñecemento e o fortalecemento de capacidades de distintos actores da sociedad galega para a promoción e defensa dos dereitos humanos das mulleres desde un enfoque de xénero e dereitos; Promover e defender os Dereitos humanos das mulleres do Norte e do Sur en relación a doys eixos: Dereitos económicos e Dereitos sexuais e reproductivos.
PROGRAMA XORNADA “Enrédate pola defensa dos nosos corpos, das nosas vidas”
9.15 Inauguración. Cristina Bajo, Socióloga. Técnica de sensibilización Acsur Galiza
9:30 Presenta e modera Cristina Justo. Socióloga. Directora técnica de Gaela Consultora
9:45 Ponencia: “Sobre os dereitos das mulleres a ter dereitos e as limitacións afectivas e sociais para exercelos" Roxana Volio Consultora autónoma en Género y Cooperación para el Desarrollo. Doctorada en Antropología Social (UAM).
10:15 Ponencia: “Política femicida/feminicida e o control da sexualidade das mulleres.” Mercedes Hernández. Asociación de Mulleres de Guatemala AMG
10:45 Debate
11:30 Pausa -Café
12:00 Presenta Carmen Lamela. Socióloga e Antropóloga. Profesora Titular de la UDC
12:15 Ponencia: “A protección do dereito fundamental á liberdade das mulleres" María Debén. Asesora Jurídica, Servizo de Igualdade, Secretaría Xeral de Igualdade, Xunta de Galicia
12:45 Ponencia “Tecendo camiños para o avance dos dereitos sexuais e reproductivos en El Salvador” Esmeralda Cabrera. Activista do movemento de mulleres e feministas del El Salvador. Representante de Las Mélidas
13:15 Debate
14:00 Clausura
LUGAR DE ENCONTRO:
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda c/ Olmos 16-17, 1º, 15003 A Coruña
Por favor, é moi importante que a xente que queirades ir, mandedes una correo a galiza@acsur.org cos vosos nomes e contacto confirmando a asistencia. Moitas grazas!

Máis información: http://www.acsur.org/Xornada-Enredate-pola-defensa-dos

No hay comentarios: