sábado, 20 de octubre de 2012

PROBA RÁPIDA VIH 20 OUTUBRO


Aproveitando que hoxe 20 de Outubro se conmemora o Día Mundial da proba VIH, queremos lembrarche que no Centro de Anticoncepción e Sexualidade sito na Ronda de Nelle, 126, baixo B, na Coruña realizamos a proba rápida de detección de anticorpos de VIH en horario:
LUNS de 11:00 a 15:00 hrs.
MARTES, MÉRCORES E XOVES de 17:00 a 21:00 hrs.
                                VENRES de 12:00 a 15:00 hrs.
         OS MÉRCORES POLA TARDE PROBA RÁPIDA DE VIH
         TELF. DE CITAS PREVIAS E ASESORÍAS: 881 916 869

A atención e realización da proba rápida do VIH consiste en:
. Entrevista persoal.
. Tomar unha mostra de saliva cun bastonciño.
. Introducir a mostra no reactivo.
. Resultado aos 20 minutos.
. Apoio con consello asistido.

As asesorías e proba rápida son anónimas, confidenciais e gratuitas.

Temos como obxectivos:
*Diminuír o atraso diagnóstico do VIH en poboacións con prácticas de risco, e que non acoden con frecuencia ao sistema sanitario, mediante a realización dunha proba rápida en fluído oral.
*Facilitar o consello pre e post proba do VIH.
*Aumentar as prácticas preventivas nas persoas que acoden a realizar a proba rápida do VIH en fluído oral.
*Facilitar o acceso ao diagnóstico de VIH e ao tratamento antirretroviral.


Cando facela?
-Se tiveches relacións con penetración (anal, vaxinal ou oral con exaculación) sen preservativo cunha persoa con VIH.
-Se tiveches relacións con penetración (anal, vaxinal ou oral con exaculación) sen preservativo e non coñeces o estado serolóxico da outra persoa.
-Se o preservativo se rompe ou queda retido.
-Se vas deixar de utilizar preservativo.
-Cando non deixaches claro coa túa parella se a vosa relación é exclusiva.

Cres ter tido unha práctica de risco?
Non o deixes pasar!
Faite a proba e o persoal do centro valorará, en caso de obter un resultado reactivo, se debes repetila e cando.
  
Lembra que...
O VIH non se detecta nas analíticas rutinarias. Ninguén pode realizarche a proba se ti non a solicitas e das o teu consentimento.
A atención é anónima e o resultado será sempre confidencial: Só ti decides a quen llo dis.



No hay comentarios: