A Asociación Galega para a Saúde Sexual (AGaSEX) comprácese en invitarvos o vindeiro 20 de decembro ó acto de presentación da CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE OS DEREITOS SEXUAIS E OS DEREITOS REPRODUCTIVOS.
Esta campaña que poñemos en marcha xunto coa Federación de Planificación Familiar Estatal (FPFE) e co apoio do Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad, busca facilitar ferramentas e espazos de participación para sensibilizar e informar á sociedade sobre os Dereitos Sexuais e os Dereitos Reproductivos das persoas.
O acto dará comenzo as 19:00 horas no Centro Social Caixanova de Santiago de Compostela que consistirá na entrega do material da campaña e dunha mesa debate coa participación de:
Laura Seara Sobrado. Directora del Instituto de la Mujer (Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad).
Mar Martín García. Concelleira delegada de Benestar Social e Igualdade (Concello de Santiago de Compostela).
Nelson Gabriel Rodríguez Avilez. Coordinador del Servicio Municipal de Mediación e Información LGTB (Concello da Coruña e Concello de Lugo).
Diana Priegue Caamaño. Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela.
Se necesitas máis información podes consultar a invitación que adxuntamos e/ou poñerte en contacto con nós chamando ó Centro Xoven de Anticoncepción e Sexualidade (881 916 869; de luns a venres entre 9:00-15:00 horas) ou mandando un mail (info@agasex.org).
No hay comentarios:
Publicar un comentario