jueves, 30 de abril de 2009

Xornadas Formativas: "As habilidades sociais ou habilidades para a vida como axentes de prevención"

Estas xornadas, organizadas polo CXG, terán lugar o 14 e o 15 de maio na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela.

Un manexo axeitado das habilidades sociais implica mellores capacidades de actuación en situacións de interacción social. As anteditas capacidades poden mellorarse a través da aprendizaxe, mediante adestramentos e técnicas orientadas á adquisición de condutas máis eficaces. Na educación para a saúde a utilidade das habilidades sociais como estratexia en calquera contorno formativo favorecerá a prevención, e facilitará o cambio e a promoción de estilos de vida saudable. Neste sentido, dende o Consello da Xuventude de Galicia entendemos a importancia e utilidade do manexo de habilidades para a vida, que permitan afrontar influencias sociais, adoptar actitudes críticas e mellorar as competencias das persoas e, polo tanto, da comunidade.
FINALIDADE : Presentar e analizar a utilidade do manexo de habilidades sociais como recurso socioeducativo no campo da prevención e a promoción de estilos de vida saudables.

OBXECTIVOS:
1) Analizar contidos e conceptos básicos sobre habilidades para a vida2) Contribuír e enfatizar a importancia e coñecemento das habilidades sociais como estratexia para a prevención en saúde
DATAS DE EXECUCIÓN
Xoves 14 e venres 15 de maio de 2009Horarios: mañá de 10:30 a 14:00 h e tarde de 16:00 a 19:30 h

DURACIÓN TOTAL DA ACTIVIDADE: 14 horas
LUGAR DE REALIZACIÓN: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Santiago de Compostela

CONTIDO:
- Que son as habilidades sociais e para que se utilizan.
- A importancia da intelixencia emocional na conduta asertiva.
- Características evolutivas dos/as pre-adolescentes e adolescentes.
- Estratexias de intervención no adestramento en habilidades sociais con adolescentes de cara á promoción de hábitos de vida saudables.
- Intervencións eficaces e intervencións non eficaces.
- Desenvolvemento dos programas de adestramento en habilidades sociais.
a) Destinado a nenos/as
b) Destinado a adolescentes

METODOLOXÍA : Exposición teórica do contido, combinada con metodoloxía interactiva potenciada a través do traballo grupal. Favorecerase unha dinámica vivencial e experiencial.

IMPARTE:

CHISEM: asociación para a prevención e intervención psicolóxica
PERSOAS DESTINATARIAS: Grupo máximo de 30 persoas. Na selección do grupo de participantes terán prioridade aquelas persoas que conten con experiencia asociativa.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN GRATUÍTA
A data límite será o 10 de maio de 2009
Podes acceder ao formulario de inscrición no seguine link
http://www.cxg.org/comunicacion/preinscricion.php?id_axenda=270&lg=gal
Publicarase a listaxe de participantes na web do CXG.

ORGANIZACIÓN, INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Consello da Xuventude de GaliciaEdificio Área Central, Polígono de FontiñasLocal L32 I-J-K15703 Santiago de CompostelaTel.: 981 569 560Fax: 981 563 488

No hay comentarios: