FORMACIÓN COMPLEMENTARIA PARA MEDIADORAS E MEDIADORES XUVENÍS DE SAÚDE
Xornada formativa: martes 11 de novembro de 2008
“ESTRATEXIAS PARA A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS”
LUGAR DE REALIZACIÓN: Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
DURACIÓN DA ACTIVIDADE: 7 horas
HORARIO: mañá de 10:30 a 14:00 h / Tarde de 16:00 a 19:30 h
DESTINATARIOS /AS: mediadoras/es xuvenís do CXG. Grupo mínimo de 10 persoas e máximo de 20
OBXECTIVOS:
Complementar a formación e actualización de coñecementos de mediadoras/es xuvenís
Analizar e coñecer diferentes estratexias, ferramentas e contidos para favorecer a resolución de de conflitos.
Propiciar un espazo de reflexión e diálogo no que se represente a resolución efectiva de conflitos.
CONTIDO:
A educación emocional
Os estilos de comunicación: a asertividade
A escoita activa
Estratexias de resolución de conflitos
METODOLOXÍA DA ACTVIDADE:
Utilizarase metodoloxía interactiva potenciada a través do traballo grupal.
IMPARTEN: Xeneme (intervención social)
Inscrición na páxina web:
Antes do 7 de novembro ás 12:00 h
Consello da Xuventude de Galicia: Tel.: 981 569 560 Fax: 981 563 488
CONFIRMARASE A ASISTENCIA POR TELÉFONO E POR CORREO-E
No hay comentarios:
Publicar un comentario