viernes, 15 de noviembre de 2019

ARELAS: Un mundo DiversX

Boas amigxs, desde ARELAS queremos compartir con vós a estrea mundial de "Un mundo DiversX", un material que pretende ser unha ferramenta de traballo introductora á Diversidade afectivo-sexual e a convivencia en igualdade. Este vídeo foi realizado por Prince Vidal, un rapaz de ARELAS que acaba de rematar o ciclo superior de Ilustración e que algúns xa coñecedes por outras ilustracións que nos ten realizado: 
http://asociacionarelas.org/…/cons…/material-para-descargar/. 
O soño de Prince nas súas palabras é "poder dedicarme a ilustración e utilizalo para facer chegar mensaxes que poidan servir de apoio a todo tipo de persoas que se poidan sentir excluidas, sexan quen sexan. Gústame poder enviar a mensaxe de estar orgullosx por quén eres agora e como poderás chegar a ser. Son un xoven como o resto, único e singular. Enorgulléceme cada persoa que está loitando por ser feliz. Intentarei poñer o meu graniño de area para facerllo más fácil. Formar parte dun movemento que loita por iso como ARELAS é moi motivador".
Se queres contactar con Prince podes facelo aquí: what.a.prince.workmail@gmail.com.
Como ben dí Prince, desde ARELAS traballamos para que as crianzas e adolescentes trans non teñan que vivir agochadas ou finxindo ser persoas que non son. Traballamos por infancias e adolescencias felices, o que fai imprescindible a visibilidade, información e formación sobre diversidade afectivo-sexual nas aulas. Ogallá este material sexa moi empregado en todos os centros educativos e pola sociedade en xeral para lograr a naturalización das vivencias e realidades trans e da diversidade en xeral.
Non deixedes de compartir para que este material chegue a moitos lugares, moi lonxe.

No hay comentarios: