domingo, 19 de noviembre de 2017
Igualdade e Diversidade impulsa unha serie de contacontos nas bibliotecas municipais "co obxectivo de proporcionar coñecementos ás nenas e aos nenos e as súas familias para previr a violencia sexual contra a infancia"
A edil Rocío Fraga destaca que as
actividades, que se desenvolverán desde este luns, 6 de novembro, están
dirixidas a menores de entre 4 e 7 anos, “para que aprendan a distinguir dun
xeito lúdico os comportamentos afectivos saudables dos non saudables”.
A Concellería de Igualdade e Diversidade
impulsará no presente mes de novembro os Contos para protexer a infancia dos
abusos sexuais, unha serie de actividades que se desenvolverá desde o día 6 até
o 28 de novembro na rede de Bibliotecas Municipais da Coruña co obxectivo de
sensibilizar sobre esta problemática.
Tal e como destaca a edil Rocío Fraga, a
proposta quere proporcionar tanto aos e ás menores, como ás súas familias,
"coñecementos e ferramentas para previr a violencia sexual contra a
infancia e crear conciencia sobre todo o que constitúe". "O abuso
sexual na infancia é, por desgraza, unha violencia máis habitual do que nos
gustaría recoñecer pero, á vez, é unha problemática oculta polo silencio ao que
as vítimas se ven condenadas, en especial pola situación de indefensión na que
se atopan as e os menores, polas limitacións propias da idade", expón a
edil. "As consecuencias psicolóxicas que se relacionan con esta
experiencia poden perdurar ao longo do ciclo evolutivo. Desde o goberno local,
cremos que é necesario afrontar esta situación e dotar ás nenas e nenos de
claves para identificar como negativas certas prácticas e, no caso de que se
produzan, darlles ferramentas para a súa defensa", sinala a concelleira.
Así, desde o vindeiro luns, a área de
Igualdade promoverá contacontos que, ademais de iniciar ás nenas e aos nenos na
lectura, "lles permitirán aprender, dun xeito lúdico, unha serie de
cuestións e valores que poderán incorporar, de forma natural, a súa vida
cotiá". "Queremos que as e os menores aprendan a distinguir os
comportamentos afectivos saudables daqueles que non o son, e que recoñezan a
aquelas persoas que si que lles queren, porque lles coidan e respectan",
explica a responsable municipal, quen engade que, con esta serie de
actividades, "tamén se promove
sensibilizar ás familias da importancia da prevención da violencia e
abusos sexuais na infancia".
En total serán dous contacontos os que se
representarán en diferentes datas, que terán lugar todos os días ás 18.30
horas, agás no caso daquelas que sexan no punto de préstamo de Novo Mesoiro,
cuxa actuación terá lugar ás 12.30 horas. O primeiro deles, O Rato Fuco aprende
a querer, representarase na biblioteca do Ágora o día 6; na do Fórum, o día 7;
na de Monte Alto, o mércores 8; na do Castrillón, o xoves 9; na dos Rosais o
venres 10. O día 11 representarase tanto no punto de préstamo de libros de Novo
Mesoiro --ás 12.30 horas-- como na
biblioteca de Durán Loriga --18.30 horas; e, finalmente, o día 14 na da Sagrada
Familia.
De cara a seguinte semana terán lugar as
representacións do contaconto Non, aí non. Comezará o día 20 na biblioteca do
centro Ágora; o día 21, na do Fórum e o día 22 na de Monte Alto. O xoves 23
chegará ao Castrillón, e o venres 24 aos Rosais, mentres que o día 25 contará,
como no caso de O Rato Fuco aprende a querer, cunha dobre representación: pola
mañá, contra ás 12.30 horas, será en Novo Mesoiro, e pola tarde, ás 18.30
horas, na biblioteca infantil de Durán Loriga. A última actuación será o día 28
na biblioteca da Sagrada Familia.
Etiquetas:
educación sexual,
igualdad y género,
recursos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario