martes, 21 de octubre de 2014

20 de outubro, Día nacional da proba do VIH

¿POR QUE É IMPORTANTE FACER A PROBA DO VIH CANTO ANTES?


Segundo os datos de vixilancia de epidemiolóxica dispoñibles do Ministerio de Sanidade en España hai 4.000 novas infeccións e, actualmente hai 150.000 persoas infectadas polo VIH, dás cales 30.000 (20%) ou descoñecen. Ademais, a idade de diagnóstico cada vez é inferior, xa que está a crecer principalmente entre poboación de 20 a 35 anos.

No Centro de Anticoncepción e Sexualidade ca colaboración da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Xunta de Galicia e ca financiación do Plan Nacional sobre el sida, realizamos a proba rápida en saliva da detección de anticorpos do VIH os mércores pola tarde con previa cita.


Esta proba é confidencial, anónima, gratuíta e realizada por un equipo especializado. Consiste basicamente na obtención dunha mostra de saliva mediante unha paleta e analizala cun kit que non precisa material de laboratorio suplementario e cuxo resultado é de lectura visual. Os resultados adoitan estar dispoñibles en menos de 30 minutos.
É unha proba cunha alto nivel se sensibilidade e especificidade, de tal forma que no caso de resultado non reactivo, non require de confirmación.

NON TEÑAS MAIS DÚBIDAS, FAITE A PROBA¡¡


CENTRO DE ANTICONCEPCIÓN E SEXUALIDADE  
LUNS de 11:00 a 15:00 hr.
MARTES e MÉRCORES de 17:00 a 20:00 hr. (PROBA RÁPIDA DE VIH)
e VENRES de 10:00 a 13:00 hr.
TEF. DE CITAS E ASESORÍAS: 881 916 869 Rúa Ronda de Nelle, 126, baixo der. 15010-A Coruña
ASEXÓRATE: 608 10 23 13 SÁBADOS e DOMINGOS SÓ ASESORÍAS TELEFÓNICAS (de 10:00 a 22:00 hr.)

No hay comentarios: