miércoles, 2 de octubre de 2013
"Aborto libre e gratuíto, as mulleres decidimos"
Manifestación en Compostela
Varios centos de persoas marcharon este sábado en Compostela
"por un aborto legal, seguro e gratuíto" e ante a posibilidade de que
o Goberno abra en outubro o proceso para eliminar o dereito das mulleres a
decidir sobre os seus corpos. Convocados pola Plataforma Galega polo Dereito ao
Aborto, a marcha partiu da estación de tren de Santiago para rematar na praza
Roxa.
Apoiada polas 65 organizacións e colectivos que
conforman a plataforma, a marcha cargou contra as intencións do Goberno central
-e nomeadamente contra o ministro de Xustiza- nunha xornada que nin o mal tempo
empañou. "Ningunha lei reduce o número de abortos, unha muller que ten
decidido abortar vaino facer, coa lei ou sen ela, en condicións sanitarias óptimas,
que é o que esiximos, ou noutras condicións. O que vai conseguir Gallardón é
que aumenten os abortos de risco. Cada ano morren 70 mil mulleres no mundo por
abortos clandestinos", advertiron os convocantes na presentación desta
manifestación.
Etiquetas:
aborto,
convocatorias,
derechos sexuales,
salud sexual,
saúde pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario