martes, 10 de diciembre de 2019

DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA

A Asociación Galega para a Saúde Sexual e a Federación de Planificación Familiar Estatal estiveron cunha mesa informativa na entrada na Facultade de Enfermaría da Coruña, repartindo materiais de sensibilización e explicando ao aulumnado sobre a importancia da prevención do VIH co motivo do Día mundial da loita contra a Sida (1 de decembro).
A realización da proba do VIH está considerada, como unha das intervencións preventivas máis importantes para o control da infección, porque nela atópase un traballo individual de información, asesoramento e planificación de estratexias para cambios de condutas nas que se tenta que a persoa coñeza, valore e de resposta aos seus riscos ante a infección.
Segundo ONUSIDA o 92,3% dos novos casos de transmisión por VIH foi por vía sexual, deles o 51% son mulleres. Por iso, se informou da proba rápida do VIH e repartíronse profilácticos masculinos e femeninos, guías e folletos.
Grazas a Facultade de Enfermaría por cedernos o espazo, ás voluntarias que traballaron na mesa informativa, a Saúde Pública da Consellería de Sanidade e ao COF de Coruña pola colaboración.
                               



No hay comentarios: