lunes, 23 de abril de 2018

ACTIVIDADES ESPAZO DIVERSO

HOXE 23 de abril ás 19:00 h.
VIDEOFORUM 1.54:Tim, un adolescente tímido de 16 anos, brillante como atleta pero con todo, ten un grave problema. O seu amigo Francis comeza a sufrir bullyng cando se coñece no colexio que é homosexual. Tim entrará nunha grave crise, dado que sente un gran amor cara a Francis, que non é capaz de comprender e non sabe se tamén é gai. Redes sociais e homosexualidade.


Luns 30 abril ás 19:30 h.VIDEO-DEBATE con André, Activista transexual do colectivo Amizando.
O 31 de marzo celebrouse o Día Internacional da Visibilidade Transxénero, unha conmemoración anual dedicada ás persoas transexuais e á sensibilización en contra da discriminación. Foi fundada pola activista transxénero de  Michigan (EE UU) Rachel Crandall en 2009, como resposta á falta de días de festa LGTB centradas nestas persoas. Ata esa data, tan só existía o Día Internacional da Memoria Transexual, que lembra a estas como vítimas de crimes de odio, pero non recoñece nin celebra a visibilidade dos membros vivos desta comunidade.

Luns 7 maio ás 19:00 Videoforum cortos contra o acoso escolar, en conmemoración do  2 de maio: Día internacional contra o acoso escolar, actividade contra a lgtbfobia ligada ao acoso escolar.
TARDE DE CuRTaS CONTRA O ACOSO NAS AULAS

Mércores 30 maio ás 18:30 h. Obradoiro violencia intraxénero en parellas LGTBQI-AIREANDO O ARMARIO
Con motivo do 17 de maio. Día Internacional contra la homofobia e a transfobia
Charla - Obradoiro de reflexión sobre las violencias en parellas LGTBQI
Actividade dirixida a poboación LGTBQI
As situacións de violencia intraxénero (no interior das relacións afectivas e sexuais entre persoas do mesmo sexo) son unha realidade invisible e en consecuencia non están reguladas no texto da Lei Integral contra a Violencia de Xénero. Existen unha serie de ideas preconcibidas sobre as relacións  homo/bisexuais e lésbicas que dificultan a identificación da persoa como vítima. Mitos falsos que impiden concibir a posibilidade de que exista violencia en parellas ou en relacións entre persoas do mesmo sexo.
Por iso, propoñemos este espazo para reflexionar sobre o amor romántico e a relación con a violencia que se dá en parellas LGTBQI.

No hay comentarios: