jueves, 17 de noviembre de 2011

DATAS E DATOS PARA LEMBRAR EN PÉ DE IGUALDADE.

A Concellería de Igualdade da a coñecer o sitio web: igualdadevigo.org/datasedatos

O texto do "IV Plan municipal de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Vigo", aprobado polo pleno da Corporación Municipal en novembro de 2009, recolle diferentes medidas e accións no eido da Educación en Igualdade. Unha das accións que recolle o plan é a da elaboración e edición dun manual con perspectiva de xénero sobre as distintas conmemoracións escolares oficiais que se celebran ao longo do curso escolar: Día da Muller, Día do Libro, Día do Medio Ambiente, Día dos Dereitos Humanos, Día da Paz, Día da Liberdade de Prensa, Día do Libro, Día do Consumo responsable, Día mundial da Saúde, Día das Letras Galegas, Día de Europa e Día da Constitución e do Estatuto Galego.

Este manual que leva por nome: "Datas e datos para lembrar en pé de igualdade ... e non esquecer o resto do ano", foi elaborado por profesionais con ampla e recoñececida experiencia no eido da cultura de igualdade e do ensino. Así, as autoras son: Mercedes Oliveira Malvar, Esther Mato Méndez e Luisa Abad Abad.
Este libro recolle as doce datas conmemorativas que por obriga teñen que abordar os centros de ensino e unha máis que engadimos nós: A violencia de xénero.
Ademais do manual impreso, habilitouse un sitio web www.igualdadevigo.org/datasedatos no que están subidos en liña todos os contidos. Este sitio web dispón de múltiples e variados recursos multimedia: videos, contos, documentos, música, etc

Aínda que os e as destinatarias principais deste interesantísimo material son os centros de ensino secundario, queremos compartilo con cada unha e cada ún de vós. Utilizádeo e compartídeo, estamos seguras que non vos defraudará.

No hay comentarios: