sábado, 7 de febrero de 2009

CONDONÉATE 2009

O Consello da Xuventude de España (CJE) volve a convocar os "Premios Condonéate 2009. Crea a nova imaxe e o lema da nova campaña xuvenil da prevención do VIH-SIDA do CJE".
Este ano hai tres modalidades: carteis, tira de cómic e micro - curtas. Anímate a participar!
As creacións en cada unha das modalidades deberán axustarse aos seguintes obxectivos:
- Ofrecer unha información clara, sinxela e específica á mocidade sobre as vías de transmisión do VIH e a súa prevención.
- Contribuír á normalización do uso do preservativo.
- Fomentar a implicación da poboación xuvenil na adquisición de hábitos sexuais saudables.
- Aumentar a participación dos mozos e mozas no deseño e execución dos programas de prevención.
- Sensibilizar a través do debate e a reflexión sobre a importancia da prevención de VIH e outras infeccións de transmisión sexual.
- Favorecer que a campaña e as actividades realizadas contemplen a diversidade da poboación xuvenil (sexual, cultural, de orientación).
A data límite para a presentación de propostas é o domingo 15 de marzo de 2009. As propostas deberán presentarse no Rexistro do Consello da Xuventude de España (C/ Montera, nº 24, 6ª Planta – 28013 – Madrid), en horario de 9:00 a 14:30 de luns a venres, ou nas oficinas e rexistros aos que fai referencia o artigo 38.4 de la Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

No hay comentarios: