miércoles, 17 de septiembre de 2008

Presentación En Ourense De 'Manual Para Coeducar Na Escola Infantil'

IES PORTOVELLO, 20/09/2008 13:00 - 14:00
A secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, asistirá á presentación de Manual para coeducar na escola infantil de Luísa Abad Abad.A obra está publicada na colección 'Didáctica e outros materiais educativos. Facer escola' de Xerais, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade.O material que presentará a autora nesta obra é unha base importante para o traballo diario dos e das profesionais, unha axuda fundamental para achegarnos á cerna mesma da igualdade, nomeadamente, a configuración social de estereotipos sexistas que marcan a vida das persoas.A presentación de Manual para coeducar na escola infantil ten lugar no marco das actividades do Plan de Formación para o persoal de Escolas Infantís que, este sábado, continúan co curso "Para Helena un tren e para Marcos unha boneca. A igualdade de xénero na escola infantil".Manual para coeducar na escola infantil foi presentado tamén en Lugo o día 13 de setembro.

No hay comentarios: